Sectores

Publicación da modificación do Decreto 165/2019 de Funcionarización

O pasado 21 de xuño aprobouse en Comisión de Persoal a modificación do Decreto 165/2019, de funcionarización, coa abstención de UGT, que viña motivada pola seguinte circunstancia:

Na súa intervención da Comisión de Persoal, a Directora de Emprego Público informaba, que dita modificación tiña por obxecto:

  • Engadir a escala técnica de mantemento de servizos e a escala técnica de recursos naturais e forestais para a funcionarización das categorías: III-07, III-08, III-09, III-23, III-60, III-64 e III-67.
  • Permitir que o persoal da categoría 99 (coidador/a a extinguir) do grupo III e da categoría 04 do grupo IV (auxiliar fogar…) que dispoña da titulación habilitante para o acceso á escala de auxiliares de clínica poida optar pola súa funcionarización na escala auxiliar de coidadores ou na escala de auxiliares de clínica do subgrupo C2.
  • Corrixir a denominación da equivalencia das categorías V10B e V10C para adaptala ao recollido no cadro 4.bis da disposición adicional novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

O noso voto fundamentouse en que si ben algunha das cuestións foi proposta por esta organización, como o feito de subsanar o erro ao respecto da categoría de emisorista-vixiante, que era contraria ao determinado pola LEPG e tamén nos parecía axeitada a modificación prevista ao respecto das categorías do Grupo III, de mantemento e de recursos naturais e forestais, considerabamos que a proposta sobre a categoría III-99 “a extinguir” non satisfacía as pretensións do colectivo afectado, e supoñía a perda do grao de carreira do C1 que viñan percibindo.

Podes consultar o novo anexo premendo no enlace:

Orde do 23 de decembro de 2024 pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.