Publicados en DOG os Acordos dos seguintes tribunais:
- Contido de ambas (revisadas as alegacións presentadas):
- Anula as preguntas 31, 37 e 44.
- Substitución das preguntas anuladas 31 e 37 polas preguntas de reserva 41 e 42. As restantes preguntas de reserva non serán empregadas no cómputo da cualificación do segundo exercicio do proceso selectivo.
- Desestima as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.
- Criterios de corrección:
- CATEGORÍA 001 GRUPO IV:
- Estableceuse que superarían o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtivesen un mínimo de vinte (20) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
- RESULTADO: de 33 candidatos/as presentados/as para 22 prazas ofertadas: 0 aprobados.
- SUBGRUPO C2:
- Estableceuse que superarían o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de novecentos (900), sempre que obtivesen un mínimo de vinte (20) respostas correctas.
- RESULTADO: de 731 candidatos/as presentados/as para 320 prazas ofertadas: 437 aprobados.
- Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes.
- Prazo de alegacións e recurso con relación ás puntuacións: 10 días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste acordo no DOG.
- Contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.
- CATEGORÍA 001 GRUPO IV:
UGT xa advertía en nota informativa do pasado día 1 de outubro, que baixo o noso criterio, o contido do exame non semellaba axeitado ás funcións e tarefas dos postos ofertados e os resultados veñen a amosar o desaxuste. Que nunha oferta de consolidación non se cubran as prazas ofertadas, pouco di do sistema ou ben das bases, en tanto que o sistema fallou e as bases aínda contemplando no suposto do C2 que o corte se establecía nas 900 mellores notas non se chega nin á metade do previsto.
UGT solicita á Administración o remate da negociación das bases xerais que deben regular e harmonizar os procesos selectivos, e que se contemple ao amparo da nova lei de temporalidade o tratamento diferenciado das persoas que non superaron os procesos.