O próximo 1 de xuño participaremos na Mesa Sectorial na que se debatirá cos responsables da Consellería de Educación, sobre a Orde pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional que condicionará o próximo CADP.
Tamén analizaremos a Orde pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos.
Por último, firmaremos a addenda do acordo de interinos que estipula que «O persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia non estará obrigado a participar nos procedementos selectivos para ingreso nalgún corpo da función pública docente que se convoquen no ano 2022″.
Xuntamos a documentación para que a podas revisar e, se estás interesad@, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión. Por iso, fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org