Proximamente seremos convocados a participar na Mesa Sectorial na que se debatirá cos responsables da Consellería de Educación, sobre a Resolución pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2022/23 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
É posible que se incorporen máis puntos que iremos actualizando nesta nova. Ademais podemos presentar outros temas do teu interese.
Se estás interesad@, dende a UGT Ensino escoitamos as túas posibles aportacións e suxestións para presentalas nesta reunión. Fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org