Sectores

Nova estación intermodal de Santiago de Compostela


O próximo día 22 de maio porase en funcionamento a nova estación intermodal da cidade de Santiago de Compostela.

Para tal fin, na zona de San Lázaro, manteranse as actuais paradas (Capela San Lázaro e rúa Clemente Fernández Sarela) e nas proximidades da actual estación de autobuses habilitarase un espazo para a parada de autobuses interurbanos na zona de San Caetano, concretamente en ambos sentidos da avenida de Rodríguez de Viguri.

A totalidade de servizos que se prestarán con orixe ou destino na nova estación intermodal, poderán consultarse no buscador de servizos de transporte https://www.bus.gal/gl, a partir do día 22 de maio.

Ademais, as persoas usuarias que desexen acceder á zona norte da cidade poderán descargar dende a mesma páxina a distribución de horarios de paso polas paradas de“San Caetano”e“San Lázaro”, cadros de horarios que poderán consultar na seguinte ligazón:

https://www.bus.gal/gl/destacamos/202105/proxima-apertura-estacion-intermodal-de-santiago-de-compostela

Adicionalmente, o Concello de Santiago de Compostela manterá as conexións do conxunto da cidade coa nova estación a través do transporte urbano, respecto do que se pode obter información na web http://tussa.org.

Por último, e coa finalidade de que durante a etapa inicial de posta en funcionamento da nova infraestrutura as persoas usuarias poidan remitir as suxestións que teñan respecto do servizo, habilitouse a conta de correo electrónico servizoszonanorte.mobilidade.santiago@xunta.gal, na que podan facer chegar ditas suxestións.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.