UGT INICIA UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PROPOSTAS PARA NEGOCIAR O VIII CONVENIO DA CONCERTADA

O vindeiro 29 de xaneiro constituirase a comisión negociadora do VIII Convenio do ensino concertado. Por este motivo, o sindicato inicia unha campaña de RECOLLIDA DE PROPOSTAS e abre este proceso de participación a delegados/as dos centros de traballo, persoas afiliadas e simpatizantes do sector.

A túa voz é importante! Queremos RECOLLER AS TÚAS PROPOSTAS reais e concretas para defendelas na mesa de negociación e conseguir as melloras que precisas. O sindicato ten a convicción de que un convenio forte só pode construírse desde a participación de quen traballa cada día nos centros do ensino e que a UGT é o sindicato que os traballadores da concertada necesitan para canalizar as súas demandas.

Eres delegado/a, afiliado/a ou simpatizante da UGT e traballas no ensino concertado? PARTICIPA cubrindo o cuestionario.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.