Sectores

Propostas de Convocatoria de Grado I e II de Réxime Extraordinario de Carreira e Desempeño

ABRIRASE UN NOVO PRAZO DE SOLICITUDE PARA O PERSOAL QUE NON CUMPRÍA REQUISITOS NAS CONVOCATORIAS DE 2019 E 2022

A DXFP refire que son un número elevado de empregados e empregadas públicos que reúnen requisitos para acceder o grado I (na entorna de 6.000) e o grado II (algo máis de 1.000) e que a regulación é a mesma que se aplicou na convocatoria de 2022 e que as contías serán dun 33% en 2024, 66% en 2025 e 100% en 2026.

UGT manifesta o seguinte:

  • Na proposta contemplase a regulación de 2022 e inclúense criterios interpretativos acordados na Comisión de seguimento do Acordo, que ampliaron e melloraron a regulación de 2022.
  • Solicitamos se revisen as porcentaxes, posto que en 2022 aplicouse o 50% no primeiro ano, o 80% no segundo e 100% no terceiro, para recuperar o ano perdido de retribución pola la sentenza que anulou o dereito, e que este persoal ten dereito a ir coas mesas porcentaxes.
  • Que de xeito transitorio se teñan en conta as situacións daquelas persoas que están a expensas de ser convocadas á elección de destino como consecuencia da superación de procesos selectivos cuxo remate puidera prolongarse máis aló dos 3 meses de solicitude previstos.
  • Que se regule o grado III extraordinario a convocar en 2024, acordado con este sindicato.
  • Que se regule o modelo ordinario de carreira aberto e permanente acordado con este sindicato, para consolidar o que está aplicado e que quede regulado permitindo chegar o grado IV e que se poidan incorporar de xeito continuo o persoal que reúna os requisitos en cada un dos grados correspondentes.

A DXFP manifesta que estudará as porcentaxes pero que este persoal non sufriu retraso dun ano na percepción do complemento salarial, polo que non hai desigualdade de trato, e que se negociará en 2024 grado III extraordinario e carreira ordinaria.UGTesperamos que sexa unha realidade o grado III extraordinario e a carreira xa que hai quen segue a enredar para que se desbote e empezar de novo, e xa vimos o que sucedeu co ano perdido.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.