Sectores

Proposta de Acordo pola que se establece o réxime de prestación de servizos do persoal do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia


O pasado luns fomos convocados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para debater sobre a Proposta de Acordo pola que se establece o réxime de prestación de servizos do persoal que desenvolve a súa actividade laboral no territorio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Nesta primeira xuntanza trasladamos as nosas dúbidas sobre diferentes aspectos recollidas na mesma que teñen que ver fundamentalmente coa definición dos períodos de actividade, coas quendas de traballo, no marco do réxime de prestación do servizo ou da reiteración das funcións do persoal adscrito no Parque no citado documento proposta.

Premendo nesta ligazón poderedes atopar toda a información sobre a proposta de Acordo.

Estamos citados para outra xuntanza a vindeira semana para continuar coa negociación.

Se tendes algunha alegación que facer podedes enviala ao seguinte enderezo electrónico antes do vindeiro mércores 14 de decembro.

uxt.sancaetano@xunta.gal

 INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.