Sectores

Promoción Interna: listaxes definitivas das persoas admitidas e excluídas

Publicadas hoxe as resolucións que conteñen as listaxes definitivas das persoas admitidas e excluídas nos procesos para o ingreso, pola quenda de promoción interna seguintes:

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A1

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C1

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C2

Podes consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitida ou excluída en fides.xunta.gal.

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

RECLAMACIÓNS

Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, a partir do dia 24.01.2025.

Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, a partir do dia 24.01.2025

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.