Sectores

Promoción Específica: Orde reguladora procedemento para nomeamento procesos do 24/02/2024: especialidade Educador/a Infantil (subgrupo A2) especialidade de Educación Infantil (grupo B) Xerocultor/a (subgrupo C2) PSX (Subgrupo C2)

Publicase hoxe en DOG a Orde que regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos selectivos para o ingreso pola modalidade específica de promoción laboral fixo, convocados polas resolucións do 24 de febreiro de 2024.

Prazos:

  • Para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico:
    • A partir da publicación desta orde no DOG, o persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo (base IV.4 da convocatoria).
    • Os efectos administrativos da sinatura do acordo de extinción do: 30/11/2025
    • A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.
  • Para o cambio do vínculo xurídico coa Administración:
    • A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de decembro de 2025.
  • Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas ou incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto:
    • No caso de vacacións, permisos ou licenzas, o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo.
    • Nos supostos de incapacidade temporal ou incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.
    • Quedan exceptuadas do disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.

Efectos do incumprimento dos prazos:

  • Agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, e manterá a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes á dita condición.
  • Excedencias:
  • O/a traballador/a conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.
  • Compatibilidades:
  • As persoas que teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao da toma de posesión para solicitar a compatibilidade conforme a nova condición, entendéndose prorrogada a compatibilidade mentres se dita a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto.
  • Mantemento das interinidades:
  • Cando o persoal laboral fixo que, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.
  • Reducións de xornada:
  • O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio de vínculo xurídico, tivese concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez que se formalice o cambio.
  • Funcionarización provisional no subgrupo C1:
  • Consonte o recollido na DTª única do Decreto 165/2019, do 26 de decembro de funcionarización:
  • Mentres non se produza o desenvolvemento regulamentario das diferentes escalas do grupo B, o persoal funcionarizado da escala de axentes técnicos facultativos, especialidade de educación infantil, queda integrado no subgrupo C1. Este persoal continuará desenvolvendo as funcións da categoría profesional de procedencia.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.