Sectores

Procesos selectivos promoción interna: Nomeamento laboral fixo Auxiliar de enfermaría


Publicada hoxe a resolución pola que se procede ao nomeamento, como persoal laboral fixo na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV da Xunta de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 en quenda de promoción interna.

Mediante a resolución:

  • Nomease persoal laboral fixo na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV da Xunta de Galicia as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo á resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida
  • Adxudicáselles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

Prazo de toma de posesión:

  • Un mes
  • Comezará a computar a partir do día 10 de maio de 2021.

Enlace á publicación:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210504/AnuncioG0597-260421-0002_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.