Publicada hoxe en DOG as Resolucións polas que se aproban e se fan públicas as datas de exame, seguintes:
Todos os exercicios terán lugar na
Escola Galega de Administración Pública.
- Corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes
- Día: 2 de xuño de 2025
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas
- Lugar: aula 11
- Corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica.
- Día: 2 de xuño de 2025
- Hora: ás 15.30 horas
- Lugar: aula 2
- Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría forestal.
- Día: 3 de xuño de 2025
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas
- Lugar: aula 7
- Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo.
- Día: 4 de xuño de 2025
- Hora: 15.30 horas
- Lugar: aula 7
- Corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.
- Día: 3 de xuño de xuño
- Hora: 15.30 horas
- Lugar: aula 6
- Corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial.
- Día: 3 de xuño de 2025
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas
- Lugar: Seminario A
- Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
- Día: 2 de xuño de 2025
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas
- Lugar: aula 7
- Corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas.
- Día: 2 de xuño de 2025
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas
- Lugar: aula 6
Aviso:
- As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
- Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
ESCALA SUPERIOR DE FINANZAS:
- As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.
- As persoas aspirantes serán provistas de calculadora polo tribunal e quedará prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que se lles faciliten.
- Para o desenvolvemento da segunda proba do exercicio, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas en que figuren notas de vixencia ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples, sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial.
- Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que estea a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido no parágrafo anterior. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión da persoa aspirante.