Sectores

Procesos selectivos: Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas


LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLÚIDAS

Hoxe publícanse en DOG as seguintes listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas aos seguintes procesos selectivos.

Información común contida nas resolucións é:

  • A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
  • A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes que non figuren en ningunha das listaxes e que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listaxes definitivas de admitidos e excluídos.
  • De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

SUBGRUPO A1:

SUBGRUPO A2:

SUBGRUPO C1

BAREMACIÓN PROVISIONAL C1 (OPEs 2018-2019)

  • Publicada hoxe a resolución, do tribunal cualificador do proceso selectivo pola quenda de acceso libre, subgrupo C1, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso
  • Anexo á resolución, figura:
    • A baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 , II.3 e II.5 da convocatoria.
  • Reclamacións:
    • Podes formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
    • O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cumprimentarse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria.
    • O formulario de reclamación deberá especificar:
      • A alínea ou alíneas da base II.2 sobre as que se reclama,
      • Con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e
      • A causa concreta obxecto de reclamación.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.