Concurso-Oposición (xuño-xullo 2024)
As oposicións do ensino se desenvolverán, a partir do 22 de xuño, en 15 localidades das catro provincias galegas, en concreto na Coruña, Ames, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ribeira, Lugo, Castro de Rei, Ourense, O Carballiño, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
Haberá 195 tribunais que supervisarán o correcto desenvolvemento do proceso, no que 21.230 persoas optan a 1.743 prazas, o 86% delas de novo ingreso. O maior número de tribunais estará nas probas das especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, un total de 102; mentres que para mestres haberá 76 tribunais, para profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional haberá sete, para profesores de escolas oficiais de idiomas cinco, para a acreditación do coñecemento de idioma (galego e castelán) catro tribunais e para inspectores de educación un tribunal.
Consulta aquí a publicación das LOCALIDADES das diferentes ESPECIALIDADES.
Máis información na WEB da Consellería.
Para calquera dúbida ou aclaración CONSÚLTANOS.