Sectores

Procesos selectivos: Convocatoria primeiro exercicio


Publicadas hoxe as seguintes as datas, horas e lugares de realización do 1º exercicio de:

 

ACCESO LIBRE:

Subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2022.

  • Día: 15 de xullo de 2022
  • Hora: en chamamento único que se iniciará ás 10:00 horas.
  • Lugar: Facultade de Dereito en Santiago de Compostela, nas seguintes aulas: Salón de actos e Aula 1.

Subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado por Resolución do 31/05/2021.

  • Día: 15 de xullo de 2022
  • Hora: en chamamento único que se iniciará ás 15:30 horas.
  • Lugar: salón de actos da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

Subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16/12/2021.

  • Día: 17 de xullo de 2022
  • Hora: en chamamento único que se iniciará ás 9:00 horas.
  • Lugar: salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
  • As persoas aspirantes deberán ir provistas de:
    • DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.
    • Lapis do número 2 e goma de borrar.
  • Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con:
    • Teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

 

PROMOCIÓN INTERNA

Subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021.

  • Día: 14 de xullo de 2022
  • Hora: en chamamento único que se iniciará ás 15:30 horas
  • Lugar: aula 2 da EGAP en Santiago de Compostela.
  • As persoas aspirantes deberán ir provistas:
    • DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal
    • Bolígrafo de tinta azul.
  • As persoas aspirantes serán provistas de calculadora polo tribunal e quedará prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que se lles faciliten.
  • Para o desenvolvemento da segunda proba do exercicio as persoas aspirantes poderán:
    • Servirse de textos legais sen comentarios; admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas en que figuren notas de vixencia ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples, sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial.

 

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que estea a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido no parágrafo anterior. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

 

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.