Sectores

Procesos Selectivos


 Procesos selectivos, resolucións dos tribunais:

  • Subgrupo a1 (libre e consolidación)
  • Ampliación de prazo 2º exercicio:
    • Terapeuta ocupacional (consolidación)
    • Terapia ocupacional a2 (libre e interna)
    • Fisioterapia a2 (libre e interna)
    • Enfermaría a2 (libre e interna)

Publicadas hoxe en DOG as seguintes resolucións dos tribunais de oposicións:

Resolución do tribunal subgrupo A1:

  • Feita a corrección en sesión do 27 de abril de 2021, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 664 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Resolución do tribunal da categoría 004 do grupo I, titulado/a superior:

  • Feita a corrección en sesión do 27 de abril de 2021, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 52 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Disposicións comúns a ambas resolucións:

  • Anular as preguntas número 60 e 69. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 184 e 185.
  • Acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 159, sendo correcta a alternativa d).
  • Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.
  • Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecido:

http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_opo/opo_principal.jsp

  • Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución.
  • As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de 10 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente

AMPLIACIÓN PRAZO REALIZACIÓN DO 2º EXERCICIO EN 20 DIAS HÁBILES.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.