Publicadas hoxe en DOG as Resolucións das comisións encargadas de cualificar os procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico:
- Corpo superior de Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
- Corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2
- Corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B
- Corpo auxiliar de Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2.
- Escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario
Elévanse a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na fase de concurso.
Publícase como anexo ás resolucións as relacións de persoas aspirantes que superaron os procesos de funcionarización para cada categoría e proponse o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.