Sectores

Proceso selectivo (quenda libre e promoción interna). Enfermería (subgrupo A2)


Publicado con data de 24 de outubro o seguinte acordo e resolución sobre procesos selectivos:

Proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro).

 

ACORDOU:

Primeiro.

Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

Segundo.

De acordo co disposto na base II.2.5 da convocatoria, as persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria. O formulario de reclamación deberá especificar a alínea ou alíneas da base II.2 sobre as cales se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

 

UGT Informa T descargas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.