Sectores

Problemas informáticos na apertura listas escalas de persoal funcionario de PSX e Xerocultor/a


O pasado día 30 de novembro abriuse o prazo para solicitude de inclusión en listas das escalas de Persoal de Servizos Xerais (PSX) e Xerocultor/a, prazo que remata o vindeiro día 20 de decembro.

A xeración de solicitudes de inclusión en listas de ambas escalas, como todos e todas sabedes estivo a dar erros, postos en contacto co Servizo de Listas de Contratación Temporal, confirman que lles chegaron solicitudes en branco, sen ámbitos… etc.

Desde este Servizo instan a que todos aqueles fixeron a súa solicitude no momento inicial a revisen e ante as dúbidas, que se volva a realizar unha nova solicitude, en tanto que de conformidade coa Resolución, no apartado primeiro, punto 4: No suposto de que se presenten varias solicitudes para a inclusión nas listas para o nomeamento de persoal funcionario interino dunha mesma escala, no prazo e forma establecidos na presente convocatoria, só se terá en conta a última.

DESCARGA EL INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.