Sectores

Probas presenciais avaliación libre para Certificado CODIX (ofimática)


 

Publicada hoxe en DOG a Resolución da AMTEGA, pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

 

OBXECTO

 

− Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

− Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da rede CeMIT.

 

CONTIDOS DA PROBA

 

− O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

− A rede CeMIT ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de Autoformación como material de apoio para a preparación destas probas.

− As probas de avaliación terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT, localizacións que se poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros

 

SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN

 

Inscricións a través da internet na páxina web de CeMIT: http://cemit.xunta.gal.

− Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT.

− O prazo para a inscrición será de 7 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.

− Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante.

Rematado o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base quinta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídas.

 

                                                                       

                                                                        Podes consultar a Resolución no seguinte enlace: bit.ly/3kyux8D

Informa-t_convocatoria_CODIX_23_09_2021.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.