Publicada hoxe a Resolución do 27 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se publican as persoas aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais das persoas integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías e escalas e especialidades da Administración autonómica do Servizo de Prevención de Incendios Forestais DOG nº 21 do 2 de febreiro do 2026
As persoas convocadas para as probas físicas e visuais relaciónanse nos seguintes enderezos:
https://ovmediorural.xunta.gal/sites/default/files/Listado-persoas-que-deben-presentar-certificado- medico.pdf
https://ovmediorural.xunta.gal/sites/default/files/Listado-persoas-convocadas-proba-visual.pdf
Lugar de realización das probas visuais
Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, situada en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (Fontiñas), os días 9, 10 e 11 de febreiro de UGT 2026. As persoas convocadas á dita proba deberanse presentar no día e hora establecidos na relación publicada na ligazón indicada no punto primeiro da convocatoria.
As persoas aspirantes que vaian realizar o Field Test deberán remitir, no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, un certificado médico oficial ou informe de saúde no que se faga constar que non presenta ningunha enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico (este certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de publicación desta resolución).
O certificado médico presentarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal onde está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dirixido á Sección de Persoal da Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural que se indique expresamente na relación de aspirantes publicada na ligazón indicada no punto primeiro da convocatoria.
Unha vez revisados os certificados médicos, convocarase para a realización das probas físicas mediante resolución da Secretaría Xeral Técnica, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. As persoas aspirantes que non figuren incluídas na relación de persoas que deben presentar o certificado médico ou admitidas para a realización das probas visuais, ou que non figuren nas listas de persoas exentas da realización das probas físicas ou visuais, poderán presentar alegacións no prazo de cinco (5) días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
