Sectores

Probas de avaliación en competencias claves para acceder aos certificados de nivel 2 e 3


 

DOG Nº 32 DO 16 DE FEBREIRO DE 2022

A Dirección Xeral de Formación e Colocación realiza a convocatoria para as probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES será dende O 17 de febreiro ata o 7 de abril de 2022.

Convócase as probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias claves:

  • Comunicación en Lingua Galega
  • Comunicación en Lingua Castelá
  • Comunicación en lingua extranxeira (inglés)
  • Competencia matemática

Na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade publicarase o lugar e os días de realización das probas, así como as listaxes de acceso para cada día:

Captura de pantalla 2022 02 16 104339

Solicitudes: deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal ,con calquera dos seguintes métodos de identificación:

Con Dni electrónico, Certificado dixital ou Chave 365 (código do procedemento TR306A)

E, opcionalmente, poderán presentarse presencialmente, segundo o establecido na Lei 39/2018 do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Máis información: https://bit.ly/3gUciYs

 

Descarga o UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.