Sectores

Primeiras novas do sorteo de membros de tribunáis


Vén de realizarse o sorteo de membros dos tribunáis para as oposicións de ensino. Velaquí as primeiras novas.

 

 As seguintes especialidades presentan algunha peculiaridade na composición:

  • 590109 Navegación e Instalacións Mariña: Estará composto por titulados universitarios porque non existen aínda funcionarios de carreira coa especialidade.
  • 590120 Procesos e productos en textil, confección e pel: Estará composto por profesorado doutras especialidades máis un asesor xubilado.
  • 594413Gaita: Profesorado doutras especialidades.
  • 594436 Danza clásica: Estará composto por especialistas funcionarios doutras comunidades autónomas.
  • 594437 Danza contemporânea: Estará composto por especialistas funcionarios doutras comunidades autónomas
  • 595510 Deseño de moda: profesores doutras especialidades
  • 590015 Portugués: seleccionarase entre todo o profesorado que teña a especialidade ainda que non estea a impartila.
  • 591214 Operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios: seleccionarase entre todo o profesorado que teña a especialidade ainda que non estean a impartila.
  • 591225: Servizos á comunidade: Non haberá suplentes designados.
  • 594405: Clave: O tribunal estará composto por un funcionario de carreira e o resto dos vogais serán especialistas de piano.
  • Probas previas de galego: Non haberá un tribunal específico. Realizaranas os tribunais da especialidade de galego.

 

Publicarase en breve a relación das persoas seleccionadas para cada tribunal na páxina web da Consellería. Seguiremos dando conta das novidades que se produzan.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.