Sectores

Primeira reunión da Comisión Negociadora de Discapacidade


Levouse a cabo a primeira reunión da Comisión Negociadora do XVI Convenio Colectivo Xeneral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade.

Serviu para coñecer as liñas mestras de cada organización sindical e patronal para esta negociación.

FeSP-UGT presentou algunhas propostas xerais que serán concretadas, posteriormente, cando finalice o período de consultas aberto polo sindicato entre afiliados delegados e simpatizantes:

• Afianzar as melloras do XV Convenio Colectivo que se atopa en vigor.
• Incorporar novos dereitos sociais.
• Subir novamente os salarios.
• Mellorar a saúde laboral, integrar medidas contra a tensión laboral e incorporar a obrigatoriedade duns persoais mínimos para repartir a carga de traballo.
• Reducir a xornada nos centros educativos para homologala coa concertada ordinaria.
• Unificar condicións de traballo e salarios á alza de todos os centros especiais de emprego modificando o artigo 29.2.

FeSP-UGT considera unha boa iniciativa a denuncia e inicio da negociación colectiva con tanto tempo de marxe. Mentres siga a aplicación do pactado no XV Convenio, elaborando un novo convenio que sente as bases do futuro do sector, é unha razón máis que suficiente para non ter présa na negociación.

Accede a toda información no arquivo adxunto.

Primeira reunión. Comisión negociadora do XVI Convenio de Discapacidade

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.