- ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS CORRESPONDENTES ANO 2020
- PECHE E APERTURA DE LISTAS PARA NOVAS SOLICITUDES
- ORDE DO PROCEDEMENTO PRESENTACIÓN SOLICITUDES
A Dirección Xeral da Función Pública informou ás Organizacións Sindicais que no DOG de mañá venres 26 de febreiro se publicarán as seguintes disposicións:
- Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 17 de febreiro de 2021, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2020 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
- Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.
- O prazo para a presentación de solicitudes é do 1 de marzo ao 30 de abril.
- Aínda que as listas non estiveran abertas, tamén poderán presentar solicitude no prazo indicado:
- As persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou
- teñan prestado servizos na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo na mesma categoría, corpo ou escala.
- Orde do 22 de febreiro de 2021 do conselleiro de Facenda e Administración Pública, pola que se regula o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e se aproba o modelo normalizado de solicitude.
- Nesta orde regúlase por vez primeira a presentación electrónica de solicitudes de inclusión nas listas.