Infórmase que está previsto que o mércores, 24 de febreiro, se publiquen no Diario Oficial de Galicia as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as nos procesos selectivos para o acceso ás categorías de:
-Médico/a de familia.
-Odontólogo/a de atención primaria.
-Pediatra de atención primaria.
-Enfermeiro/a especialista: de enfermería de saúde mental, enfermería do traballo, enfermería familiar e comunitaria, matrón/a e enfermería pediátrica.
-Fisioterapeuta.
-PSX (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral).
-Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.
Os/as aspirantes seleccionados/as disporán do prazo de un mes, dende o 25 de febreiro ata o 24 de marzo, ambos incluídos, para a presentación da documentación preceptiva exixida polas bases da convocatoria.
Tal documentación deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.