Unha vez renegociado o Acordo de carreira, continuamos coa nosa maneira de entender a defensa dos intereses das persoas empregadas públicas, RESTITUINDO A REGULACIÓN E GARANTINDO O DEREITO a carreira profesional anulada por sentenza firme do TSXG á demanda presentada pola CIG, a aplicación do mesmo precisa da apertura do procedemento de solicitude e acreditación dos criterios de valoración, áxil e eficaz, que permita recuperar o cobro e o poder adquisitivo a maior brevidade.
A QUEN SE LLE APLICA?
O Acordo plásmase neste procedemento coa extensión a todo o persoal acordada xa na Comisión de persoal de 23 xullo de 2019, e dicir a todo o persoal do ámbito da Administración xeral da Xunta e as entidades públicas instrumentais do artigo 45.a da LOFAXGA, que a continuación se detalla: persoal funcionario de carreira e interino, persoal temporal laboral, persoal laboral indefinido non fixo, persoal laboral fixo-descontinuo, persoal laboral que non reunía requisitos de funcionarización, persoal laboral que non terá oferta de funcionarización, persoal laboral coa funcionarización superada pero sen toma de posesión, persoal funcionario que non reunía requisitos de 5 anos e se lle suspendeu apertura do acceso, e todo o persoal que percibe o grado I que accederá o grado II…
No persoal funcionario se inclúe o persoal da Lei 17/89 das escalas e clases de inspección e administración sanitaria e de atención especializada, e no persoal laboral se inclúe o persoal do Consorcio.
Atención: o persoal que non está en activo nesta Administración poderá solicitar o recoñecemento a efectos administrativos e percibirá o complemento cando se incorpore a servizo activo.
PRAZO DE SOLICITUDE, CONTÍAS E PREVISIÓNS DE DATA DE ABONO EN NÓMINA
Estipula un prazo de 15 días (discútese si hábiles ou naturais) para a presentación das solicitudes que se inicia o día seguinte da publicación desta resolución no DOG.
A previsión é que no mes de xaneiro se abonen as contías do ano 2022 dos complementos de carreira ou desempeño da meirande parte do persoal. O prazo máximo de resolución será de 3 meses.
Para UGT, reiteramos que era liña roxa que o importe de pago do grao correspondente fose do 80% do importe total en xaneiro de 2023 e garantir que o 60% que se abona en 2022 teña carácter retroactivo dende xaneiro. Ambas cuestións foron acadadas. As contías anuais que se perciban por este complemento devindicaranse en 12 mensualidades (actualizadas anualmente coa porcentaxe de incremento que establezan as sucesivas leis de orzamentos).
*Importes anualidade 2022 sen incluír o incremento do 1,5% aprobado sobre o 2% establecido inicialmente para esta anualidade.
**Importe ano 2022 completo a abonar nun único pago, correspondente a toda a anualidade 2022.
Grao I: cinco anos de antigüidade a 31.12.2021
Grao II: once anos de antigüedade a 31.12.2021.
Grao III con acceso extraordinario a convocar no segundo semestre do ano 2024 con efectos 1 de xaneiro 2025.
UGT ALEGA:
- Que na desistencia e renuncia (artigo 4.3) non ten sentido que se contemple o “transcurso dun ano dende a data de resolución ou renuncia” para volver a solicitar, en tanto que non se trata dun procedemento aberto permanentemente, e non se contempla expresamente a reapertura do procedemento extraordinario.
- Que a progresión na carreira (artigo 5) que establece a irreversibilidade da carreira contempla a sanción por demérito, cuestión que non se contemplou no Acordo nin na LEPG.
- Que no cambio de grupo ou subgrupo (artigo 6), no punto 2 falta a referencia a “persoal funcionario”, para aplicar o criterio ao persoal laboral que acceda a corpos ou escalas.
- Que nos requisitos xerais (artigo 8), falta a inclusión expresa do persoal laboral funcionarizado nos corpos e escalas da Consellería de Política Social durante o ano 2022, ou mudar as datas de referencia de servizo activo como persoal funcionario.
- Que nese mesmo artigo é incomprensible que a aquel persoal que se lle recoñeceu o grao I, agora non se lle recoñeza o grao II ao acoutar o ámbito da prestación do servizo “nesta administración”.
- Engadir no artigo 10 dos efectos administrativos ao persoal funcionario de carreira da Administración Xeral Xunta de Galicia que se atope en situación de servicios noutras administracións públicas
- Que no ámbito subxectivo no artigo primeiro b) do borrador carreira administrativa debe acoutar 45.a. da LOFAXGA, ao igual que o fai o Acordo de carreira aprobado na Comisión de Persoal.
- No artigo 3 das exclusións, do complemento de desempeño, a exclusión que se fai ao respecto do persoal laboral dos entes non incluídos no ámbito de aplicación do VCCU, debe suprimirse.
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE E VALORACIÓN DE CRITERIOS:
Faremos informa-t explicativo do procedemento en canto estea aprobado na Comisión de Persoal.
Trátase dun proceso telemático no portal web da Xunta ou no enderezo http://fides.xunta.gal, a solicitude conterá os datos precargados coa información obtida das aplicacións corporativas da Dirección Xeral da Función Pública.
Segundo os datos que consten no rexistro central de persoal, o sistema avaliará os criterios que consten no expediente e, se cumpren os requisitos esixidos, se estima a solicitude.
Polos seus cálculos o 90% do persoal que ten o grao I cumpre o acceso ao grao II, polo tanto tería acceso automático ao segundo grao.
No caso de que non cumpra os requisitos a persoa será posteriormente requirida para que no prazo de 10 días hábiles acredite o cumprimento dalgún dos criterios.
Non se permite a actualización do expediente aos efectos de solicitar o recoñecemento do grao de carreira.
OUTRAS CUESTIÓNS: Procesos selectivos
Esta semana publicarase a toma de posesión de:
- Consolidación de Persoal Médico e Terapia Ocupacional
- A2 (Quenda Interna e Libre)
- C1 (Quenda Interna e Libre)
A semana que ven publicarase a toma de posesión de:
- C2 (Quenda Interna e Libre)