PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS EMERXENTES ASOCIADOS Á DIXITALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS NO SECTOR SOCIOSANITARIO.

Convidámoste a participar no CURSO de “PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS EMERXENTES ASOCIADOS Á DIXITALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS NO SECTOR SOCIOSANITARIO”.

Detalles:

  • Do 06 ao 30 de outubro de 2026.
  • Duración: 31 horas.
  • Modalidade: En liña.
  • Custo: Gratis.

Os obxectivos xerais do curso son os seguintes:

  • Dotar aos participantes de conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, adaptados a contornas dixitalizadas.
  • Capacitar as persoas  traballadoras do sector sociosanitario na identificación e avaliación de riscos laborais asociados coa dixitalización e a automatización.
  • Promover unha cultura organizacional baseada no benestar e na prevención.
  • Analizar o impacto dos riscos emerxentes psicosociais nos profesionais do sector sociosanitario así como as medidas preventivas.
  • Proporcionar medidas preventivas e de seguridade específicas para reducir os riscos en contornas dixitalizadas, con especial atención nos riscos psicosociais emerxentes.
  • Fomentar unha cultura de seguridade e promover a comunicación efectiva en contornas laborais dixitalizadas.

O programa que se levará a cabo no curso será o seguinte:

  • TEMA 1. INTRODUCIÓN: CONTEXTO ACTUAL DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL. IMPACTO NOS RISCOS LABORAIS.
  • TEMA 2: IDENTIFICACIÓN E AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS EN CONTORNAS DIXITALIZADAS.
  • TEMA 3. A ERA DIXITAL E OS NOVOS RISCOS PSICOSOCIAIS.
  • TEMA  4. ESTRATEXIAS PSICOSOCIAIS PARA A PREVENCIÓN MELLORA DO CLIMA E O BENESTAR SOCIAL NO ENTORNO DIXITAL.
  • TEMA 5. RECOMENDACIÓNS: ACCIÓNS PARA MANTER A SAÚDE MENTAL E EMOCIONAL.
  • TEMA 6. A  PRESPECTIVA DE XÉNERO E A SÚA INTEGRACIÓN NA PREVENCIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.
  • TEMA 7. ACOSO SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO NO CENTROS SOCIOSANITARIOS..
  • Preme aquí para inscribirte! 

Para máis información contacta con nós no Teléfono 981.563.252 en horario de 08.00 a 15.00 horas de luns a venres.

Non te perdas esta oportunidade de fortalecer os teus coñecementos e protexer a saúde de todos!

O máis lido