As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP queremos anunciar que esta mañá,
día 17/06/2025, presentamos perante o servizo de reparto do Decanato dos Xulgados de
Santiago de Compostela o recurso contencioso-administrativo contra os incumprimentos do
Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións
laborais do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei
Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, por parte da Consellería de Educación.
Tomamos a vía xudicial, xunto coa denuncia pública, para garantir o cumprimento íntegro de
todas as disposicións do Acordo, despois da promulgación da Lei 5/2024 de medidas fiscais e
administrativas, que obstaculiza a súa aplicación, atrasando a implantación íntegra das
ratios previstas no Acordo de Agrupamentos de 2009 así como as medidas de desdobre de
aulas e a dotación de profesorado de apoio.
Desde o inicio de curso e tras consultar á práctica totalidade dos centros da Comunidade, xa
advertimos de que, de aplicarse o Acordo tal e como foi asinado, o sistema educativo
contaría con 282 aulas máis e ata 396 docentes adicionais, que se sumarían aos 556 xa
incrementados con respecto ao curso anterior, acadando un incremento total de 952
docentes.

Entre os principais incumprimentos constatados a inicios de curso, destacan as ratios en
aulas que escolarizan alumnado de diferentes niveis, ciclos e etapas, con 110 centros
afectados. A continuación, estaría o cómputo dobre ou triplo de alumnado con
discapacidade, depedencia e/ou transtornos graves de conduta, que supera a ratio máxima.
Este incumprimento rexístrase nun total de 67 centros.
Ademais, ao longo do curso comprobamos que existe unha interpretación restritiva e
obstrucionista por parte da Consellería de Educación, especialmente a través do servizo de
Inspección. Por acción ou omisión, estanse freando de forma sistemática os avances
pactados no Acordo. O último exemplo desta actitude foi a Instrución 2/2025, difundida aos
centros pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, que permite vulnerar a foto
fixa dos grupos situados entre 20 e 25 alumnos/as no momento de entrada en vigor do
Acordo.
Lonxe de permanecer inactivos, en outubro presentamos á Valedora do Pobo os
incumprimentos constatados e iniciamos a vía administrativa de reclamación que culmina
hoxe, tras esgotar todos os trámites administrativos previos, co paso á vía xudicial coa
presentación do recurso contencioso-administrativo. Lamentamos a lentitude ao ter que
esgotar os sucesivos prazos administrativos, pero son a única maneira de darlle seguridade
xurídica á nosa reclamación.
Aspiramos a unha sentenza similar á da Comunitat Valenciana, que obrigou alí ao goberno
autonómico a contratar case 2 000 docentes por incumprir un acordo similar. Do mesmo
xeito, presentamos unha reclamación administrativa pola aplicación incorrecta do 10 % de
incremento correspondente ao ano 2025 nos complementos de sexenios e titoría, que será
acumulada no proceso xudicial, unha vez esgotada a vía administrativa.
Fronte a esta actitude activa, as organizacións non asinantes do Acordo manteñen unha
postura ambigua: dunha banda piden coa boca pequena o seu cumprimento e, doutra,
esixen que retiremos a sinatura. Esta actitude resulta totalmente irresponsable, pois retirar
a sinatura significaría renunciar tanto ás melloras xa acadadas no Acordo como aos
avances que están por vir en cursos futuros.
A renuncia ao Acordo podería supor:
- A diminución do cadro de persoal actual en 556 docentes, que son as persoas
incorporadas este curso grazas a aplicación das diferentes disposicións do Acordo. - A supresión de ata 204 aulas que se mantiveron abertas grazas ao Acordo, e que
significaría a supresión de ata 300 postos docentes. - A volta ás ratios de 25 alumnos/as en todos os niveis de Infantil e Primaria.
- Ningún alumno computaría a efectos de ratio dobre ou triplo.
- O alumnado repetidor non computaría a efectos de ratio.
- O incremento das ratios en aulas mixtas: de 14 a 25 en infantil e tamén a 25 en
primaria. - A paralización da aplicación progresiva das ratios de 25 en secundaria e 30 en
bacharelato. - Unha redución salarial de 60 euros para os equipos directivos, incluídos os
responsables de centros con menos de tres unidades. - Unha redución retributiva para todo o profesorado en función dos seus sexenios:

- Un incremento de dúas horas lectivas semanais para os mestres/as, o que
implicaría tamén dúas horas máis de permanencia semanal no centro.
- Eliminaríase o compromiso de negociar a redución do horario lectivo en secundaria
cando se aborde a nova xornada de 35 horas do persoal da Xunta.
- A Administración non tería obriga de publicar un plan para racionalizar a
burocracia.
- Suprimiríase a posibilidade de que os órganos colexiados e de coordinación
docente puidesen reunirse telemáticamente.
- Reduciríanse á metade ás axudas de reintegros por gastos de formación.
- Suprimiríanse as licenzas por formación non retribuídas para a realización de
estudos universitarios, que foran recuperadas grazas ao Acordo.
Máis aló dos incumprimentos concretos, queremos poñer en valor os efectos positivos do
Acordo nun contexto de forte descenso da matrícula, con case 3 000 alumnos menos cada
curso. Entre os logros máis salientables destacamos:
a) O acordo puxo fin á “sangría” de aulas, sobre todo no rural. Por primeira vez en
moitos anos, este curso creáronse 10 aulas de catálogo e 21 postos de traballo
definitivos, fronte a un balance negativo de 239 aulas e 334 postos destruídos nos
tres cursos anteriores.
b) Evitouse o peche de ata 204 aulas, o que supón conservar preto de 300 postos de
traballo.
c) Prevese que nos vindeiros tres cursos se eviten máis de 800 supresións de aulas e
arredor de 1200 docentes postos docentes.
d) Incrementouse o número de docentes en activo en 556 con respecto ao curso
anterior, pasando de 31 044 a 31 600. Esta cantidade sumaríase aos postos de
traballo que non foron suprimidos grazas á aplicación do Acordo.
EVOLUCIÓN ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA DO ENSINO PÚBLICO

Fonte: Elaboración propia a partir de datos do Instituto Galego de Estadística (https://www.ige.gal/)
EVOLUCIÓN DE UNIDADES E POSTOS DE TRABALLO DOCENTES DE ENSINO PÚBLICO CON CARÁCTER DEFINITIVO EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

↙️ Sinatura Acordo🤔
Fonte: Elaboración propia a partir das sucesivas ordes de modificación de unidades e postos de traballo para cada curso publicadas no DOG nas seguintes datas: 06/08/2021, 01/12/2021, 12/08/2022, 18/08/2023 e 21/08/2024
Queremos volver a agradecer aos sindicatos que non asinaron o Acordo e que o cualificaron
no seu momento como Acordo da miseria ou Acordo da vergoña que hoxe reclamen
vehementemente a súa aplicación. Seguimos animándoos a sumar a súa sinatura para
axudar a construír a unidade sindical e de acción que tanto demandan noutros contextos, e
que xa se aplica con éxito noutras comunidades autónomas.
A nosa folla de ruta é clara: denuncia pública, mobilización, acción institucional e vía
xudicial. Seguiremos esixindo o cumprimento íntegro do Acordo ata as última
consecuencias, sen descartar ningunha medida de presión.
Porque cumprir os acordos non é unha opción, é unha obriga.