
A publicación da Orde de concertos educativos reflexa un incremento total de 16 unidades en todo o sector da educación concertada. Estes datos, que semellan positivos esconden unha situación preocupante para o sector: a perda de unidades de Infantil que aventuran o peche progresivo de líneas de Infantil, Primaria e Secundaria.
| 
 | Supresión de Unidades | Incremento de Unidades | Balance | 
| Infantil | 12 | 2 | -10 | 
| Primaria-ESO | 8 | 6 | -2 | 
| Educación Especial | 5 | 12 | +7 | 
| Formación Profesional | 1 | 22 | +21 | 
| Totais | 26 | 42 | 16 | 
A UGT-Servizos Públicos o ven denunciando dende vai anos na Mesa Tripartita. Vai haber unha baixada espectacular de matriculacións en Educación Infantil e con elo ven detrás a perda de unidades e a perda de postos de traballo. O de este ano é un anuncio claro do que virá.
A solución é negociar un acordo de mantemento de emprego (AME) cunhas novas condicións e que salven a sangría de postos de traballo que se están perdendo e máis que se van a perder.
- A UGT-Servizos Públicos propón recolocar aos traballadores no mesmo centro onde se perdan unidades (para reforzos, desdobres e a redución do rateo profesor/alumno).
- Isto non produce un incremento dos orzamentos educativos pero si da calidade educativa.
 
								 
								 
								 
								 
								 
								 
								 
								 
								 
				