UGT ven de solicitar á Dirección Xeral da Función Pública información ao respecto do gasto de persoal que reflicten os orzamentos anuais da EGAP.
O pasado día 28 de xullo reuniuse o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública. No mesmo deuse conta, no punto 7 da orde do día, ao respecto da Aprobación da conta xeral anual do exercicio 2022 e información económica, dentro da liquidación do presuposto de gastos, liquidación do estado de gastos, resume xeral, incluído dentro do apartado correspondente a Laborais, dun crédito presupuestario inicial de 250.873,00€, con unha modificación de 146.769,08€, que eleva a contía a un definitivo de 397.642,08€.
UGT preguntou a que se debía o incremento citado, a resposta trasladada pola representación da Escola, é que as modificacións de gastos de persoal laboral derivan de execucións de sentenzas de conversión en persoal laboral da EGAP de persoas que traballaban para a EGAP, e non tiñan a condición de persoal empregado público.
Por todo o anterior, UGT, ven de solicitar ampliación da información, que se relata, sobre o incremento en gasto de persoal laboral, pola contía de 146.769,08€, que exclúe cotas, prestacións e gastos:
- De que tipo de contratos se derivan as contratacións convertidas, supostamente, en contratacións indefinidas?
- Si tal e como se explica na reunión do Consello, supostamente, non correspondían con contratacións directas da EGAP, cal é a entidade para a que se prestaba servizo?.
- A que categorías corresponden os contratos?.
- A que servizos dentro da Escola estaban adscritos, os contratos?.
- Desde cando mantiñan vinculación contractual?.
- Que antigüidade recoñecen as supostas sentenzas que converten en persoal indefinido ás persoas ocupantes das mesmas?.
- Ditos postos foron tidos en consideración para a elaboración do catálogo de postos a ofertar nos procesos derivados da aplicación da Lei 20/2021 de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público?.
- Por último, e non por elo menos importante, saber si existe algún tipo de responsabilidade coa actuación citada, á vista do que determina a Lei de emprego público de Galicia.