, ,

Salarios dignos xa! Concello de Padrón


 

¡Salarios dignos xa!

 

Acompañamos ós traballadores e traballadoras do Concello de Padrón nas concentracións para reivindicar dereitos perdidos e salarios dignos.

 

Concentrámonos frente á Casa do Concello, convocados polo comité de empresa para reivindicar a recuperación de dereitos, os cales consideramos perdidos despois de que o goberno local considere decaído o convenio colectivo do persoal Concello tras a súa denuncia en 2019.

 

O goberno local eliminou o dereito que tiña o persoal a disfrutar de certos días de libranza, ademáis de suprimir a xornada reducida en verán, e todo sen negociar nada cos representantes dos traballadores, que responsabilizan ó executivo municipal de «deteriorar» as súas condiciones laborais.

 

Reclamamos a inmediata aplicación do convenio vixente, ou no seu caso a negociación dun novo convenio.  

 

O comité de empresa tamén acusa ó goberno local de aprobar a Relación de Postos de Traballo (RPT) sen unha negociación real.

 

 CONCENTRACIÓN 1

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.