Concentracións o 10 de setembro de 2025:
A vindeira semana o Congreso dos Deputados votará a redución do tempo de traballo e, para visibilizar a necesidade de que se vote conforme aos intereses da clase traballadora, UGT e CCOO decidimos convocar mobilizacións en todo o país o vindeiro día 10.
Porque consideramos que as persoas traballadoras temos dereito a gozar da nosa vida e porque é o momento de acadar este logro para a clase traballadora.
Concretamente, en Galicia están programadas catro concentracións:
•A Coruña, ás 11.30 horas na Delegación do Goberno (Praza de Ourense)
•Lugo, ás 11.30 horas na Subdelegación do Goberno (Rúa Armanyá)
•Ourense, ás 11.30 horas na Subdelegación do Goberno (Parque San Lázaro)
•Pontevedra, ás 11.30 horas na Subdelegación do Goberno (Praza de España)
•Vigo, ás 11.30 horas na Rúa Urzáiz (A Farola)
📢📢ÚNETE! TEMOS DEREITO! REDUCIÓN DO TEMPO DE TRABALLO!💪🏻💪🏻