UGT SERVIZOS PÚBLICOS denuncia unha vez máis o pouco interese que amosa a Consellería de Política Social e Xuventude e a Dirección Xeral da Función Pública, na parte que lle corresponde, por resolver os problemas de xestión diarios de cobertura de postos ante as incidencias, vacacións, permisos e demais situacións que afectan ao seu persoal e polo tanto ao servicio que se presta aos usuarios.
Temos constancia que a dia de hoxe na Especialidade de Enfermería están dispoñibles para o seu chamamento, 5 persoas para toda a Comunidade Autónoma, sendo que na provincia de A Coruña e na de Lugo non hai ninguén. Sen que se faga nada para solucionar esta problemática, pese a que UGT todos os anos o reclama: MODIFICACIÓN DO DECRETO DE LISTAS.
Con independencia das posibles e previsibles ausencias do posto (baixas e aps, etc) que se podan producir, debemos engadir as vacacións do persoal, que solicitadas dende o mes de marzo, non poden e non deben correr risco, por constituír un dereito, en primeiro lugar e unha necesidade, en segundo termo, pero non por elo menos importante. O anterior pode estar en risco segundo todo parece indicar á vista do persoal dispoñible para ser chamado.
A Administración agóchase mirando para outro lado e argumentando que “si non hai persoal en listas desa escala non o poden fabricar“, pouco favor fan cando non intentan nin poñer remedio. A día de hoxe nin hai previsión, nin se fala de como cubrir as ausencias, que durante o ano van paliando malamente, solicitando ou obrigando, ata por escrito, ao propio persoal dos centros que se autocubran, alegando, necesidades de servizo (ahhh… famosas “necesidades de servizo”), incluímos aquí as horas extras realizadas o ano pasado, aínda pendentes de compensar, nalgúns centros.
Debemos recordar que se trata dunha escala que está a mínimos practicamente todo o ano, o que repercute con cansazo que puidera ao longo repercutir na efectividade da prestación de servizo.
Por todo o anterior, UGT-SERVIZOS PÚBLICOS recorda á Consellería de Política Social e Xuventude que nos acordos da Comisión de listas do ano 2007 xa recollía a posibilidade de ante a inexistencia de listas ou integrantes para unha determinada escala e/ou categoría a posibilidade de acudir a ámbitos limítrofes e outras vías co fin de asegurar a cobertura das prazas (contratación temporal, adopción de acordo co fin de acudir a outras listas…).As leis de medidas fiscais e administrativas dende o ano 2021 en diante dotaron á Administración de facultades de contratación en previsión das dificultades de cobertura vividas logo da pandemia da COVID-19.
BAIXO CRITERIO DE UGT SEGUE A FALTAR INTENCIÓN E INTERESE POR ARRANXAR A PROBLEMÁTICA DA COBERTURA DA ESCALA DE ENFERMERÍA, E REITERAMOS DA NECESIDADE, COMO PRIMEIRO PASO PARA CHEGAR A UNHA SOLUCIÓN NECESARIA E URXENTE, A MODIFICACIÓN DO DECRETO DE LISTAS.