Sectores

Pleno Comité de Seguridade e Saúde Laboral. Política Social


Reunido o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia o día 7 de abril de 2022 tratáronse entre outros os seguintes temas:

 

Criterios utilizados para a concesión da prestación de risco para o embarazo:

Formúlase a cuestión tras a multitude de queixas xurdidas por esta cuestión nos centros, e diferencias de tratamento na súa concesión, entre persoal da mesma categoría en distintos e incluso mesmo centro. Para tratar este punto está presente médico de IBERMUTUA para clarexar dúbidas, insiste en que a valoración da prestación de risco para o embarazo e lactancia se seguen os mesmos criterios. Polo que non debería suceder que en iguais condicións se valorase distinto, pero que toda traballadora que non este conforme pode presentar reclamación que se pode revisar a valoración. Quedan pendentes poñerse en contacto Servicio de prevención con mutua para intentar solucionar problemática.

UGT formula a problemática que existe nos centros nos que se administran citostáticos, considerando que non se deben administrar por persoal que busque embarazo, embarazada ou dando lactancia, dende o Servicio de prevención respóndese que está pendente de revisar ese tema e remitir instrución aos centros.

 

Novo edificio da Xefatura Territorial de Política Social na Coruña

UGT solicitou a inclusión deste punto e formulamos a problemática observada na visita do servicio de prevención, na que detectamos presenza de correntes de aires e salas de entrevistas non adecuadas. O Servicio de prevención esta pendente do documento de esta visita para poder valorar medidas de mellora. Por outro lado exponse a problemática do servicio de familia, infancia e dinamización xeográfica onde se viven situacións violentas con incluso necesidade de presencia de forzas de seguridade dende o Servicio de prevención van a valorar a necesidade de unha avaliación de riscos especifica para este servicio.

 

Brote Covid residencia Caranza

Exponse o malestar do persoal de enfermería tras o non reforzo desta categoría no pasado brote, dende a Administración contestan que foi imposible pola ausencia de persoal para a cobertura.

 

Revisións médicas

Esta habendo problemas en centros onde non se esta a realizar espirometrías ao persoal nas revisións médicas, o Servicio de prevención vai preguntar que esta acontecendo.

 

Desinfección e control de legionela en centros do Consorcio

Dende o Consorcio din que están a punto de resolver o concurso do tratamento legionela que vai ser único para escolas infantís e centros de maiores.

 

 

                                                                         UGT INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.