CONSORCIO GALEGO DE SERVICIOS DE IGUALDADE E BENESTAR:
- Uniformidade:
Solicitase explicación sobre a falta de uniformes. sobre todo para o persoal temporal.
Aclaran que en Escolas Infantís están procedendo a comprobar ao persoal que lle falta para solucionar o problema. Na Área de Maiores afirman que están entregadas todas as uniformidades e que teñen un excedente do 60% para o persoal substituto.
- Máscaras FFP2:
Solicitamos a súa dotación para todos os centros, e sobre todo nos que non estea garantida a distancia de seguridade coas persoas usuarias que non usen ou non poidan usar máscara.
Responden que dispoñen un informe de Saúde Pública que afirma que non é necesario o uso das FFP2, e mentres a Autoridade Sanitaria non cambie o criterio non van a dotar delas ao persoal.
- Desinfectantes sen fichas técnicas:
Exponse o problema xurdido polo envío aos centros de desinfectantes sen fichas técnicas e están quedando acumulados dando problemas de almacenamento, caducidade e incluso de derrames con produción de vapores.
Resposta: consultaron si existe risco pola emanación de vapores e dende CLONEGAL contestáronlles que non existe risco, en canto ao almacenamento acordaron que van a solucionar o problema en breve.
- Sobrecarga de traballo no persoal de servizos centrais:
Responden que son conscientes que na situación actual existe sobrecarga en todos os servizos.
- Fogar Residencial de Cerceda:
UGT explicamos que tras a presenza dun caso en illamento, o persoal xerocultor ten orde de realizar o depósito do lixo no contedor correspondente pola saída de evacuación ao final de cada quenda. Esta saída non dispón das condicións necesarias para realizar esta tarefa supoñendo un risco para o persoal que ten que levar un contedor do lixo por unha zona sen pavimentar, a intemperie e sen iluminación, en horario nocturno.
A administración limítase a responder que isto é o que o contempla o Plan de Acción do CAPM de Cerceda polo que entende que esta saída ten que estar en boas condicións.
Ante a insistencia de UGT, incidindo no perigo que isto supón para as traballadoras, comprométense a revisar o estado da zona.
CENTROS CONSELLERÍA POLÍTICA SOCIAL
- Centro de Menores Avelino Montero:
Acórdase solicitar a realización da enquisa de avaliación de riscos psicosociais neste centro tras a múltiples problemáticas xurdidas.
- Plan vacinación e cribados:
Solicitase que se unifiquen os criterios de vacinación nos centros, xa que, na mesma área sanitaria, nuns centros exclúese ao persoal en IT e noutros non.
Sobre a realización de cribados aos traballadores, por parte do persoal de enfermería propio, recórdaselle que non é da súa competencia. Solicitamos que todo cribado obrigatorio que realice fora da xornada laboral ten que ser compensado. A administración responde que o valoraran.