Se inicia na Mesa xeral, a negociación do título VI do anteproxecto de lei de igualdade efectiva de homes e mulleres en Galicia que afecta o emprego público en xeral, e fai uns meses reiniciouse a negociación do I Plan de Igualdade da Xunta de Galicia, ao mesmo tempo, e a negociación do protocolo de actuación fronte o acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo, que contempla as normas de actuación comúns fronte o a acoso sexual, acoso por razón de sexo, acoso por razón de orientación sexual, identidade sexual, identidade de xénero e expresión de xénero, outras violencias sexuais, acoso discriminatorio, acoso moral ou psicolóxico, e condutas de violencia psicolóxica.
A proposta da Administración, non contempla contar con persoal con formación específica, nin para o seguimento do plan de igualdade ni para o Comité de intervención, nin para actuar como persoas técnicas asesoras confidenciais no procedemento informal, e formula transferir ao Servizo de Prevención as actuacións de todo tipo de acoso e violencias, e as persoas delegadas de prevención das Organizacións Sindicais.
A propia Consellería de Emprego e Igualdade define os perfís das persoas técnicas en igualdade, axentes de igualdade, as funcións e a titulación e formación complementaria requirida para este tipo de postos, que se crean nas administracións públicas e nas empresas en xeral.
FRONTE A ISTO UGT PROPÓN:
- A creación das unidades administrativas de igualdade en todas as Consellerías.
- Crear os postos de traballo nas Relacións de Postos de Traballo, de todas as Consellerías.
- Engadir as funcións propias de persoas técnicas, a participación no Comité de intervención, nas unidades administrativas, e como asesoras confidenciais nos procedementos informais.
Para aplicación e seguimento do Plan de igualdade e do Protocolo fronte o acoso e as violencias é imprescindibles contar cos efectivos específicos e necesarios, evitando así o atasco de asuntos e como consecuencia promovendo a efectividade dos principios de actuación que se propugnan.