Sectores

Plan de vacinación do profesorado


A partires de mañá farase un chamamento masivo por áreas sanitarias en referencia aos centros educativos

Vaise citar ao persoal docente e non docente de colexios públicos, concertados e privados menores de 55 anos por orde alfabética, comezando pola letra H.

A vacina aplicada para este colectivo será a de AstraZeneca.

Os maiores de 55 anos serán convocados segundo a dispoñibilidade de subministro da vacina corresondente a esa idade (Pfizer ou Moderna).

A previsión de finalización do plan de vacinación para o noso colectivo, menor de 55 anos, é para finais de marzo ou principios de abril.

Aquel persoal que se atope en IT non será chamado ata que se incorpore ao centro educativo.

A vacina non está contraindicada en embarazadas, o seu médico terá que valorar o beneficio-risco.

Para ter a información completa, preme no noso Infórmate:

Informate -Plan de vacinación

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.