Sectores

Reunión mesa previa á Mesa Xeral e Comisión de Persoal


Na reunión de hoxe coa Dirección Xeral da Función Pública, en primeiro lugar expúxose o cronograma, un pouco apurado, previsto para a vindeira semana, do que se cita que o vindeiro luns seremos convocados para Mesa Xeral sobre os programas do persoal laboral da Lei 20/2021. Convocarase o Consello Galego da Discapacidade, tamén para o luns e ese mesmo día a Comisión de Persoal para a OPE 2022 ordinaria e a da Lei 17. O mércores convocarase Comisión de Persoal para levar á as OPES e convocatorias.

Sobre as prazas, aclara que serán remitidas coas convocatorias, publicandose na web por escalas ou categorías, segundo corresponda, aínda que non se abrirá prazo de alegacións sobre as mesmas, calquera cuestión que se poda detectar errada, pode ser comunicada a Función Pública, se ben o prazo de presentación de solicitudes comezará o vindeiro 16 de xaneiro, están abertos a modificar si é o caso.

Retiranse dos buzóns as 11 prazas do colectivo das 3 oportunidades da transitoria sétima do Decreto lexislativo 1 /2008 do Texto refundido da Lei de Función Pública de Galicia.

Sen concretar en que escalas ou categorías, informan que se inclúen 40 prazas máis das alegacións realizadas polas Consellerías e as Organizacións Sindicais.

O día 22 levarase a aprobación da OPE ao Consello da Xunta.

Sobre a carreira profesional, informan que a día de hoxe están presentadas 17.000 solicitudes, que o pagamento dos atrasos correspondentes ao ano 2022 será realizado entre o día 10 e o 15 de xaneiro do 2023, e que a maoría dos supostos cumpren os requisitos.

TEMARIOS:

Exponse as alegacións admitidas aos temarios propostos para os procesos de concurso-oposición.

UGT fai alusión ás alegacións presentadas e non admitidas, facendo fincapé en que:

Si ben os temarios da Agrupación Profesional, C2 e C1 se ciñen a uns parámetros similares en contidos e número de temas, seguimos a reclamar que nestes subgrupos é necesario acompañar con referencias bibliográficas, en atención a que os contidos poden ser e son extensos e pouco concretos. Ao respecto dos subgrupos A1 e A2, si ben é certo que se modifican determinadas cuestións segue a existir unha ampla variedade no número de temas, recoñecemos que o acortamento de temas non implica reducción de contido, pero debe analizarse baixo un parámetro homoxéneo para todas as escalas e especialidades, de conformidade aos niveis aos que se accede.

No caso concreto da escala técnica de condución (subgrupo C1). Entendemos que, dado o cambio de vehículos no parque móvil por vehículos eléctricos, no queda otra que atender a esa circunstancia e incrementar os contidos correspondentes ao temario, ahora ben, requirimos se teñan en conta as propostas realizadas mediante as alegacións prestentadas por esta organización, co fin de proceder a unha maior concreción dos temas e proceder á eliminación daquel contido que xa non ten cabida en motores actuais, debe desaparecer o obsoleto. Por outra banda, o tema, el 14 (riscos específicos asociados ao vehículo eléctrico) debe ser incluído no el tema 11 (medidas de seguridade no manexo de vehículos, incluíndo aquí ao eléctrico). UGT non comparte a exixencia da parte última do tema relativa á manipulación ou reparación de elementos do vehículo, en tanto que o propio decreto do parque móvil prohibe a citada manipulación.

OUTRAS CUESTIÓNS:

A preguntas desta organización responden que:

  • CÓMPUTO DA DISCAPACIDADE NAS OPES DE ESTABILIZACIÓN:

A porcentaxe do 7% obrigado por Lei, considerase global sobre toda a OPE. Están axustando cos Entes Instrumentais onde se sabe que pode existir persoal de afectación, en todo caso chegarase á dita porcentaxe entre a OPE ordinaria e extraordinaria.

  • EXAME DE GALEGO NOS ENTES INSTRUMENTAIS:

Teñen a opción de decidir sumarse ao exame que realizará Función Pública ou formular o seu propio.

  • PUBLICACIÓN DE BAREMOS DEFINITIVOS DA OPE SOCIAL:

Entre esta semana e a que ven contan poder publicar os de enfermería, psicoloxía e auxiliar de enfermería

  • PRAZAS PARA ELECCIÓN DE DESTINO DE C2:

Intentarán publicalas na páxina web nos vindeiros días.

  • CRITERIOS DAS OPEs DERIVADAS DA LEI 20/2021:

Manteñen o dito xa en reunións anteriores e que é que optan por publicalos na páxina web.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.