Sectores

Persoal interino e substituto: comeza o prazo para solicitar prestar servizos nunha ou en varias provincias ou concellos.


Dende mañá 15 de xuño ó 15 de xullo de 2022, ambos incluídos, o persoal interino e substituto poderá solicitar prestar servizos en determinadas provincias ou concellos, tal como establece a  Orde do 7 de xuño de 2022 (DOG 14/06/22) que modifica a Orde do 7 de xuño de 2018.

Todo o persoal interino e subsituto ten dereito a presentar a solicitude de acotar a zona de prestación de servizos a unha ou varias provincias. Debe facerse a través da páxina www.edu.xunta.gal/substitutos.

Importante:

  • É obrigatorio algunha provincia na que se imparta a especialidade correspondente.
  • A solicitude terá efectos durante todo o curso académico

A solicitude para reducir zona ata concellos pode solicitala só o persoal que se atope nalgunha das situacións que establece o punto décimo cuarto do Acordo de Interinos.

O persoal que non envíe a súa solicitude mantén a súa zona de prestación de servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.