Sectores

Oposicións escala Auxiliar. USC


Convocatoria do proceso selectivo para cubrir 100 prazas na escala auxiliar na Universidade de Santiago de Compostela (Galicia).

 

DESCRICIÓN

  • Proceso selectivo: Concurso-Oposición
  • Tipo de Acceso: Quenda Libre
  • Prazas: 100 prazas na escala auxiliar da USC, subgrupo C2. Do total de prazas convocadas resérvanse 8 para ser cubertas por persoas con discapacidade de grado igual ou superior ao 33 %. No suposto de que estas prazas da cota de reserva non se cubriran, acumularanse ás da cota xeral de acceso libre.
  • Tipo Vinculación: Fixo
  • Titulación requirida: Estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, no seu caso, a homologación do título (ver bases da convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210729/AnuncioG2018-190721-0001_es.pdf).

  • Organismo Convocante: Universidade de Santiago de Compostela.
  • Data da convocatoria: 19 de outubro de 2021
  • Prazo de solicitude: ata o 8 de novembro de 2021
  • Solicitude: O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no «BOE» As persoas que desexen participar nestas probas selectivas deberán formalizar a súa solicitude acompañada da documentación que proceda, así como aboar a taxa correspondente, unicamente por medios electrónicos. O formulario electrónico habilitado ao respecto é o que figura no catálogo de procedementos da sede electrónica da USC:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalFuncionario.htm

 

 

Informa-t_publicacion_ProcesoSelectivoUSC_19_10_2021.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.