Publicada en DOG a Resolución do 13 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020.
ACORDOS ADOPTADOS POLO TRIBUNAL:
− Desestimación na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas.
− Superaron o primeiro exercicio:
- As persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 30 puntos.
- Puntuación mínima de apto: 41 respostas correctas na primeira parte e 14 na segunda parte do exercicio, feitos os descontos.
- Feita a corrección en sesión do 13 de setembro de 2021: acadaron a puntuación mínima de 30 puntos 414 aspirantes.
− Publicar as puntuacións: no portal web corporativo: funcionpublica.xunta.gal
− Presentación de alegacións en relación coas puntuacións:
- 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
− Prazo de presentación da documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente:
- 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.