Sectores

OPE: Listas de selección temporal


 

OPE: Listas de selección temporal.

 

Infórmase que está previsto que o martes 11 de maio se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se aproba a relación provisional de admitidos/excluidos no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de albanel, calefactor, carpinteiro, cociñeiro, condutor, costureiro, electricista, fontaneiro, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, perruqueiro, pinche e telefonista.

 

Así mesmo, o mércores, 12 de maio publicaranse as listas definitivas de admitidos/excluidos no concurso-oposición para o acceso ás distintas especialidades da categoría da facultativo especialista de área, médico de admisión e documentación clínica, médico de urxencias hospitalarias, médico asistencial do 061 e técnicos sanitarios de formación profesional (agás, neste último suposto, técnico de farmacia-quenda de discapacidade intelectual).

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.