
Na reunión da Mesa Sectorial de Educación o Subdirector Xeral de recursos humanos indica que se incrementa a oferta de emprego público de un total de 240 prazas para o corpo de PTFP.
O reparto por especialidades é o seguinte:
| Cod | Especialidade | Prazas | 
| 201 | Cociña e pastelaría: | 8 prazas | 
| 202 | Equipos electrónicos: | 14 prazas | 
| 203 | Estética: | 10 prazas | 
| 204 | Fabricación e instalación de carpintaría e moble : | 12 prazas | 
| 205 | Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos : | 6 prazas | 
| 206 | Instalacións electrotécnicas: | 16 prazas | 
| 208 | Laboratorio : | 4 prazas | 
| 209 | Mantemento de vehículos: | 30 prazas | 
| 210 | Máquinas, servizos e produción: | 1 praza | 
| 211 | Mecanizado e mantemento de máquinas: | 10 prazas | 
| 214 | Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios: | 8 prazas | 
| 216 | Operacións de produción agraria: | 8 prazas | 
| 217 | Patronaxe e confección: | 5 prazas | 
| 218 | Peiteado: | 16 prazas | 
| 219 | Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico: | 8 prazas | 
| 220 | Procedementos sanitarios e asistenciais: | 12 prazas | 
| 221 | Procesos comerciais: | 12 prazas | 
| 222 | Procesos de xestión administrativa : | 20 prazas | 
| 223 | Produción de artes gráficas: | 2 prazas | 
| 225 | Servizos á comunidade: | 7 prazas | 
| 226 | Servizos de restauración: | 7 prazas | 
| 227 | Sistemas e aplicacións informáticas: | 17 prazas | 
| 228 | Soldadura: | 4 prazas | 
| 229 | Técnicas e procedementos de imaxe e son: | 3 prazas | 
Dende FeSP-UGT expoñemos cal é a situación actual da taxa de interinidade no corpo, sendo moi dispar, dependendo das especialidades. A OFERTA DE EMPREGO, diante da futura configuración do actual corpo de PTFP, pode ser parte dunha solución para o profesorado que ten titulación habilitada para a docencia.
A situación que se pode dar no conxunto do Estado coa declaración de “corpo a extinguir” do actual PTFP, aínda recoñecendo que ten enormes dificultades que se deberán salvar, non ten o impacto que ten no resto do Estado entre outras cuestións polo seguinte:
– Os acordos de concertación do Emprego Público asinados por FeSP-UGT, tanto os estatais coma o de Galicia, e coas súas conseguintes ofertas de prazas de estabilización supuxeron que neste momento o impacto ante a introdución da disposición adicional vixésima terceira da LOMLOE.
– O acordo de Interinos de Galicia, asinado por FeSP-UGT, permitiron que a nosa Comunidade Autónoma non teña as taxas alarmantes de interinidade que existen noutras CCAA. Estamos a falar que hai comunidades que teñen unha taxa de máis do 30%. En Galicia, e debido en gran parte ó Acordo de interinos en vigor, este colectivo non ten esa dimensión, atópase nun 7% aproximadamente.
– A conclusión á que chegamos é que o acordo de concertación coa súa conseguinte oferta de emprego máis o acordo de interinos é a solución máis viable e realista para a racionalización dos recursos humanos no sistema educativo.
– Se hai un corpo sometido á vulnerabilidade e arbitrariedade das circunstancias (matrícula, ciclos a implantar, conexión co mercado laboral) é o colectivo de PTFP. Faise máis necesario que nunca un novo mapa de FP de Galicia, realista, negociado, escoitando a todos, cunha certa estabilidade que estea en conexión coa realidade socioeconómica do entorno para potenciar precisamente todas as ensinanzas conectadas directamente coa realidade do mundo do traballo. E iso neste momento non se está a dar.
– Preocúpanos a problemática xurdida co corpo de PTFP como corpo a extinguir:
Esta oferta de emprego público cubre o 100% do persoal docente de PTFP sen titulación de acceso ao grupo A1. Esta oferta, engadida á xa convocada suma 603 prazas.Preocúpanos que non se cubran todas as prazas ofertadas.
Nas convocatorias de oposicións dos anos 16, 17, 18 e 19 deixáronse sen cubrir un 10 % de prazas.
– Inquiétanos a situación que existe coa titulación de grao necesaria para pertencer ó corpo A1:
Dependendo das especialidades, a incidencia da carencia de titulación axeitada para acceder ó corpo de PES é maior. Dous claros exemplos (hai máis) son as especialidades como mantemento de vehículos ou peiteado.
A OPE pode pretender paliar en parte o problema que xurdirá no futuro coa falla de titulación para acceder ó sistema.
Dende FeSP-UGT, entendemos que a solución do problema que pode xurdir no colectivo de interinos do corpo PTFP debe darse dende o conxunto do Estado e dende o conxunto das administracións.
Para ver toda a información preme no arquivo adxunto.
 
								 
								 
								 
								 
								 
								 
								 
								 
								 
				