Publicada hoxe en DOG a Resolución do 2 de setembro de 2021, do tribunal do proceso selectivo da escala superior de estatísticos/as, subgrupo A1 pola que se fan públicos a data, o lugar e a hora de realización do segundo exercicio do proceso selectivo:
- Día: 23 de setembro de 2021
- Chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas
- Lugar: aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal e bolígrafo de tinta azul.
Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal e quedará prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que se lles faciliten.
Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.