Sectores

Oferta de emprego público correspondente a prazas derivadas da Lei 20/2021


Publicado hoxe  no DOG o DECRETO 80/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas derivadas da Lei 20/2021, que serán cubertas por concurso de méritos e por concurso oposición con probas non eliminatorias.

Velaquí a cuantificación da oferta de emprego público relativa ás disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, distribuída por corpos:

Corpo de mestres   333
 Corpo de profesores de ensino secundario  595
 Corpo profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional  44
 Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas  63
 Corpo de catedráticos de música e artes escénicas  9
 Corpo de profesores de música e artes escénicas  78
 Corpo de profesores de artes plásticas e deseño  26
 Corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño  8

Velaquí a cuantificación da oferta de emprego público relativa ao artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, distribuída por corpos:

Corpo de mestres   17
 Corpo de profesores de ensino secundario  88
 Corpo profesores especialistas de sectores singulares da formación profesional  6
 Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas  8
 Corpo de profesores de música e artes escénicas  1
 Corpo de mestres de profesres de artes plásticas e deseño  5
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.