Sectores

O rumbo do PTFP: sen vías alternativas?


A disposición undécima da LOMLOE está a resultar, a todas luces, unha mala solución ante o que fora unha xusta reivindicación.

 

Todavía non se definiu ninguna vía para asegurar o futuro do persoal docente de PTFP que puidese estar afectado pola falta dunha titulación equivalente a grao. Non obstante, os datos oficiais do profesorado que integra ese corpo a día de hoxe anuncian a necesidade de traballar a prol da seguridade e estabilidade deste colectivo e da propia formación profesional.

 

Non se pode improvisar co futuro dun corpo con 2.149 integrantes en Galicia dos que case un 62% carecería de titulación equivalente a grao. A situación sería aínda máis incerta para 447 persoas interinas, o 20% do total, que non contan coa titulación esixible para un PES.

 

Os datos oficiais, representados na táboa adxunta deben invitar a unha profunda reflexión. Demandamos un estudio serio de novas vías para garantir a estabilidade do PTFP.

 

Táboa cos datos oficiais sobre persoal do corpo PTFP en Galicia

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.