Sectores

O que precisas saber sobre a convocatoria do concurso para a provisión de postos de persoal asesor no exterior


Presentámosche un breve resumo dos puntos máis importantes da convocatoria  do concurso para a provisión de postos de persoal asesor no exterior.

 

REQUISITOS

Antigüidade mínima de tres anos como funcionario de carreira en activo.

Atoparse en situación de servizo activo no corpo ao que correspondan os postos solicitados e ser titular das especialidades requiridas para eses postos.

Ter prestado servizos durante tres cursos académicos completos en España como funcionario ou funcionaria do corpo dende o que se participa.

 

REQUISITO ESPECÍFICO

Posuír o nivel do idioma ou dun dos idiomas que para cada posto se determina no Anexo I da convocatoria.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓNS

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles que comezarán a computar o día 30 de novembro.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN

Débese cumprimentar a solicitude a través do acceso ó “Servizo Online”. O acceso á sede electrónica debe realizarse con certificado dixital ou ben utilizando como indicador o DNI/NIE do interesado.

Seleccionase por orden de preferencia, de acordo co Anexo I.

Só se poderán solicitar os postos das especialidades das que se sexa titular e postos para os que se acredite o coñecemento do idioma requirido e xustificado a través dalgún dos títulos ou certificacións especificados no apartado 2.3.e) desta base.

Os candidatos a postos en Andorra que obteñan a praza solicitada deberán superar durante o primeiro período de adscrición un curso de inmersión lingüística (catalán ).

 

REXISTRO DA SOLICITUDE

Unha vez cumprimentada a solicitude  e achegada a documentación, en formato electrónico deberá  ser rexistrada directa e unicamente no Rexistro Electrónico do Ministerio de Educación e FP ao que accederá  dende o servizo online,  para iso deberá dispoñer dalgún dos certificados dixitais recoñecidos polo Ministerio (FNMT, DNI, NIE ou certificado de calquera outra autoridade de certificación recoñecida pola plataforma @firma)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Folla de servizos.

Certificación expedida polos órganos competentes da Administración educativa da que dependa o candidato, na que deberá constar o corpo docente no que está en servizo activo, a data de ingreso no mesmo e a especialidade ou especialidades das que sexa titular.

Toda a documentación xustificativa para a valoración dos méritos aos que fai referencia o anexo II desta convocatoria.

Documentación xustificativa do requisito específico de coñecemento do idioma ao que se refire a Base primeira, apartado B, desta convocatoria.

 

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

 Fase xeral

Valoración dos méritos que se especifican no baremo (Anexo II). A valoración será de 0 a 10 puntos. Mínimo 2,5  puntos para acceder á seguinte fase.

  1. Fase específica

Valoración dos méritos específicos adecuados ás características dos postos convocados. Esta valoración efectuarase mediante unha proba escrita que constará de dúas partes, ambas obrigatorias e eliminatorias. Realizaranse o mesmo día.

  1. A primeira parte da proba consistirá en responder a un cuestionario dun máximo de 60 preguntas de opción múltiple de contidos teóricos. Tempo máximo: 60 minutos.
  2. A segunda parte consiste en dar resposta a un ou varios suposto prácticos relacionados co exercicio das funcións de asesor no exterior. Tempo máximo: 2 horas.

A primeira parte da fase valorarase de cero a cinco puntos e será necesario alcanzar unha puntuación 2’5 puntos para superala.

A segunda parte desta fase específica valorarase de cero a quince puntos e será necesario alcanzar polo menos o 50 % para superala.

 

PROPOSTA DE RESOLUCÓN

 A proposta de resolución do concurso deberá recaer sobre aquela persoa participante con maior puntuación para cada posto,  sumados os resultados finais das fases xeral e específica.

 

RESOLUCIÓN DO CONCURSO

 Concluídas as distintas fases, o Presidente ou Presidenta da Comisión de Selección elevará á  Subsecretaría a proposta de resolución do concurso, que conterá a relación de aspirantes seleccionados e os postos adxudicados xunto coas puntuacións definitivas obtidas polos mesmos.

 

CURSO DE FORMACIÓN

 Os candidatos que obtivesen o posto, deberán realizar con carácter previo á súa incorporación ao mesmo, un curso de formación específico de preparación para as tarefas que levarán a cabo.

Aquí tes o enlace para acceder á convocatoria.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.