Sectores

O profesorado en prácticas entre a espada e a parede


 No día de onte a asistencia ás xornadas de benvida dirixidas ao corpo de Mestres foi mínima xa que, como ben lles comunicou previamente a Consellería, eran de carácter “recomendable” e ademáis en moitos centro realizábase o claustro de inicio de curso xunto co nomeamento. A Administración reacciona ao número de asistentes, menos do 10% dos convocados, cunha mensaxe ao profesorado do corpo de secundaria indicándolles que esta xornada é de carácter obrigatorio.

Lamentamos que neste caso o carácter político prevaleza sobre a organización do profesorado e dos centros sabendo a importancia da optimización do tempo nestes primeiros días antes de iniciar as clases.

Queda na decisión do profesorado en prácticas de escoller entre cumplir cun trámite administrativo puntual ou cunha decisión de desenvolvemento do curso académico…

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.