Sectores

O Ministerio propón unha modificación no baremo para o ingreso e acceso á profesión docente que afecta os títulos de idiomas


Recollemos aquí a infomación que nos trasladan dende UGT-SP a nivel federal acerca da recente reunión mantida con responsables do Ministerio:

«O Ministerio de Educación e Formación Profesional convocou ás organizacións sindicais que integran a Mesa de Negociación do Persoal Docente non universitario, con carácter extraordinario, para abordar como único punto da orde do día a avaliación das sentenzas que fan referencia á valoración como mérito dos certificados acreditativos do coñecemento de idiomas estranxeiros. Neste sentido, o Ministerio expuxo a necesidade dunha modificación técnica que dea seguridade xurídica aos procesos de estabilización para incluír outros certificados de nivel avanzado, diferentes aos que ofrecen as escolas oficiais de idiomas.

A proposta que expón o Ministerio fai referencia a un novo apartado 5 do punto 2 de “Formación Académica”, do Anexo I do  RD 276/2007, para adaptalo ás resolucións xurisdicionais que esixen incluír na baremación de méritos dos concursos o coñecemento de idiomas estranxeiros, con independencia da posibilidade de estar en posesión dunha titulación de EOI (apartado 2.4).

O novo artigo computaría 0,5 puntos polos certificados de coñecemento dunha lingua estranxeira expedidos por centros oficiais que acrediten a competencia lingüística nun idioma estranxeiro de nivel avanzado  C1 ou  C2, segundo a clasificación do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Os certificados das Escolas Oficiais de Idiomas non se  baremarán por este  subapartado. Así mesmo, cando se presenten por este apartado para a súa baremación varios certificados acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, só valorarase o de nivel superior.

A modificación aplicarase a  todoslos procesos de concurso-oposición e concursos de méritos cando entre en vigor.

Desde UGT esiximos que non sigan poñendo parches á normativa e  que se aborde  unha modificación en profundidade do  RD 276/2007, onde é necesario abordar a actualización do concurso de traslados, cambios en relación aos baremos de formación permanente ou a simplificación dos procesos de adquisición de novas especialidades e do sistema de acceso entre grupos dos corpos docentes, que seguen pendentes.

Con todo, entendemos que as sentenzas xudiciais ás que se alude obrigan ao seu cumprimento, polo que compartimos as modificacións expostas polo Ministerio para garantir os procesos de estabilización, para que todas as comunidades autónomas apliquen criterios comúns que garantan a igualdade, mérito e capacidade dos procesos selectivos aos corpos docentes»

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.